METEOSPORT (EDUCACIÓN FÍSICA)

Dende a área de Educación Física tamén se contribuíu no proxecto relacionado coa Meteoroloxía. Nos torneos de Brilé e Datchball feitos na época de Nadal os nomes dos equipos tiñan relación coa temática da Meteoroloxía: Pinguiñas de choiva enfrontábanse aos Raios, os tornados aos soles, choiva de balóns aos sarabias ou os Arcos da vella aos copos de neve.
No segundo trimestre, fixemos unha actividade de acrosport para traballar a cooperación, a flexibilidade e o equilibrio. Consistía en facer figuras e letras co corpo para formar letras e así construír palabras relacionadas co tempo atmosférico. O alumnado de 4º, 5º e 6º representaron palabras coma: tormenta, weather, pluviómetro, soleado, nubarrón...

Comentarios

Entradas populares