Proxecto meteoroloxía Arealonga


      O día 6 de abril púxose en funcionamento o proxecto de “Meteorolonga”.  Polo tanto veu ao noso centro o xornalista especialista Diego Viaño da TVG. Na charla  explicou e amosou as ferramentas coas que traballan para facer a previsión do Tempo en televisión, basicamente modelos, satélites, estacións, etc, case todo está accesible na rede, a través das páxinas das distintas axencias meteorolóxicas.
      Fixo divertidos xogos co alumnado e profesorado e por riba o alumnado de 6ºA, B e C fixéronlle unha entrevista onde lles contou moitas cousas.  Os rapaces e rapazas quedaron encantados con esta ponencia.









Entrevista
Beatriz P

Comentarios

Entradas populares